EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei estrea nova páxina web

Conta coa novidade dun novo dominio, o cal recibe o nome de wine

A D.O. Monterrei estrea a nova páxina web http://www.domonterrei.wine, cuxo obxectivo é a actualización da imaxe da denominación. O inicio da páxina contén un vídeo con algunhas das paisaxes que se poden apreciar nesta denominación. Ademais, nace coa pretensión de servir como ferramenta informativa e interactiva para bodegas e viticultura.

 

Inicio da páxina web.

 

A pesar deste novo dominio, tamén se poderá acceder dende http://www.domonterrei.com. Esta inclúe apartados con información sobre o propio Consello Regulador; e como novidade, a área viticultura, a cal permitirá a viticultores e bodegueiros coñecer a previsión metereolóxica en tempo real.

Por outra banda, pódese acceder a outras páxinas como por expemplo Sixpac, Rexistro de Produtos Fitosanitarios, Evega ou Sede Electrónica do Catastro, entre outras. Ademais, inclúe noticias sobre a denominación e as súas actividades, e conta cun área privada, á que só se pode acceder cun usuario e un contrasinal para que as bodegas estean informadas dos asuntos máis importantes.

Artigos relacionados

Back to top button