En portadaÚltima hora

A D.O. Monterrei logra a maior colleita da súa historia ao chegar aos 5,5 millóns de quilos

Supera case nun millón á campaña do 2015, “ata agora a máis exitosa, na que se lograra a cifra de 4.730.522,7 de quilos”, sinala a presidenta do CRDO Monterrei, Lara Da Silva

 

A presidenta da D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

 

Cuns resultados excelentes vén de finalizar a vendima do 2018 para a Denominación de Orixe Monterrei. Excelentes tanto en “termos cualitativos como cuantitavos”, segundo destaca a presidenta do seu Consello Regulador, Lara Da Silva. “Acadouse o máximo histórico da denominación, con 5.591.823,5 quilos de uva recolectados, superando case nun millón á campaña do 2015, ata agora a máis exitosa, na que se lograra a cifra de 4.730.522,7 de quilos”.

Dende o punto de vista das variedades, de uva branca recollíanse 3.689.415,6 de quilos e de tintas 1.902.407,9 quilos. “O estado fitosanitario da uva foi excelente, acompañado das moi boas condicións climáticas que tiveron lugar durante a campaña de vendima, con ausencia de chuvias”, recorda Lara Da Silva, “esta cuestión permitiu que se recolleran as uvas de modo gradual, conforme éstas foron conseguido o seu punto óptimo de maduración”.

A campaña comezaba o pasado 15 de setembro, coa adega de José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), e finalizaba o 19 de outubro, sendo Crego e Monaguillo S.L. a última adega en pechar o período de recolección de uva. “Esta campaña foi, tras a do 2017, unha das máis longas da historia da denominación”, indica a presidenta.

Artigos relacionados

Back to top button