EconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei presentará os seus viños en Vigo

Terá lugar o vindeiro 10 de agosto no Real Club Naútico

O Real Club Naútico de Vigo acollerá o vindeiro luns, 10 de agosto, unha nova actividade promocional da D.O. Monterrei, na que participarán 21 bodegas.

Durante dúas quendas (de 12 a 14 horas, e de 17 a 21 horas), abriranse as portas do Túnel do Viño de Monterrei a catadores, profesionais do canle HORECA, profesores e alumnos de escolas de hostalería, bloggers e medios de comunicación. Neste espazo presentaranse as características edafoclimáticas da denominación, variedades de uva, tipoloxía de viños, ademais da historia e patrimonio vitivinícola de Monterrei.

 

 

Por outra banda, os asistentes tamén poderán coñecer de primeira man, 39 marcas de viño das adegas participantes na iniciativa: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio da Silva Pereira (Vinos Lara), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez ( Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Castro de Lobarzán, Manuel Vázquez Losada, Terrae Monterrei (Adegas Terrae) e Triay Adegas de Oímbra.

“É a segunda iniciativa destas características que promovemos nas últimas semanas”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara da Silva, “e agardamos que teña a mesma acollida que a da Coruña, xa que agora é o momento de consumir viño de Monterrei e, deste xeito, seguir apoiando aos nosos viticultores e adegueiros”.

Para participar no Túnel de Viño da D.O. Monterrei en Vigo será necesario confirmar asistencia no teléfono 678 577 933 ou info@paadin.es.

Artigos relacionados

Back to top button