EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei reforzará a súa imaxe de marca en Xantar

Entre outras accións, participará no Túnel do Viño con numerosas referencias e ofrecerá unha cata no marco do Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible

 

Do 6 ao 10 de febreiro Expourense acollerá a 20ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Unha cita que a Denominación de Orixe Monterrei aproveitará para darse a coñecer e promocionar o seu produto, así como para reforzar a súa imaxe de marca. “Todo isto co obxecto de que cheguen aos diferentes sectores presentes neste foro como prensa especializada, bloggers, sector de hostalaría, restauración ou distribución, entre outros”, tal e como indican dende o seu consello regulador.

Ademais na iniciativa do Túnel do Viño participarán, por parte da D.O de Monterrei, as seguintes adegas emarcas: Terras do Cigarrón S.C.G. (Mara Martín e Terras do Cigarrón), Franco Basalo S.L.U. (Estela do Val Godello e Estela do Val Mencía), Trasdovento S.L. (Quérote), Adegas Pazo das Tapias S.L. (Alma de Blanco, Alma de Tinto, Alma de Autor Blanco e Alma de Autor Tinto), Pazo Blanco Núñez S.L.-Tapias Mariñán (Quinta das Tapias Godello), Bodega Tabú S.L.N.E. (Stibadia Blanco e Stibadia Tinto Barrica) e Boo Rivero S.A.T. (Fragas do Lecer Godello, Fraga do Corvo Mencía e Fraga do Corvo Godello). Asimesmo, os viños da D.O. Monterrei estarán presentes maridando os pratos elaborados con produtos de calida de Galicia nos showcookings de Xantar.

Ademais, no marco das accións promovidas en Xantar, e dentro do XIV Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible, terá lugar unha cata de viños de Monterrei, que será impartida polo director técnico da D.O, Luis Miguel López Núñez, o venres 8 de febreiro ás 12 horas. “Xantar constitúe un escaparate prioritario para presentar os nosos viños, a través de catas ou do Túnel del Vino, e así mostrar o resultado do traballo dos nosos viticultores e adegas, e a súa aposta pola calidade diferenciada”, asegura a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

 

Artigos relacionados

Back to top button