EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei reparte mascarillas entre adegas e viticultores

 

Tendo en conta a importancia de aplicar medidas que eviten a transmisión do COVID-19, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei ten desenvolvido un procedemento de actuación que implica aos técnicos, viticultores e adegas que forman parte da ‘familia’ Monterrei. Implantouse dende o mes de febreiro deste ano “co obxectivo de garantir a seguridade de todos”, din dende esta D.O.

Ademais de establecer medidas xerais de prevención, enviaranse nos vindeiros días, “grazas a implicación e colaboración da Xunta”, mascarillas a viticultores e adegas co fin de proveelos de materiais de autoprotección.

“Debemos ser responsables, polos demais e por nós mesmos, e cumprir cos protocolos de seguridade que se implantaron nas nosas oficinas”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “para nós é fundamental a colaboración de todos os implicados xa que a nosa prioridade segue sendo a atención e servizo dos nosos operadores”.

Artigos relacionados

Back to top button