EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra, a piques de pechar a maior colleita da súa historia

Leva xa recollidos 7.020.058 quilos, dos que 5,8 millóns son de mencía

Labores de vendima na D.O. Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

Esta colleita marcará un fito na produción da Denominación de Orixe Ribeira, situada entre as provincias de Ourense e Lugo. A data de onte, 8 de outubro, levaba xa recollidos 7.020.058 quilos de uva, dos que a maioría corresponden á variedade tinta mencía, con 5.845.403 quilos, mentres que en brancas sobresae a godello, con 406.656 quilos os colleitados.

Dese xeito está D.O. está a piques de finalizar “a maior vendima da súa historia ao superar a barreira dos 7 millóns de quilos que rozou no 2011, cando entraron en adega 6.999.560 quilos”, segundo se destacada dende o seu Consello Regulador.

Das 96 adegas que vendiman esta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 19 están a realizar labores de vendima, 4 téñena paralizada e 73 xa terminaron, segundo o consello.

A vendima comezaba oficialmente o 19 de setembro nesta zona produtiva, aínda que varias adegas iniciaran a recollida a finais de agosto. “Os traballos víronse favorecidos por unhas excelentes condicións meteorolóxicas que contribuíron ao estado óptimo da uva”, citando ao CRDO Ribeira Sacra.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close