EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra iniciará o 27 de agosto os controis de maduración da uva

Permitirán determinar o estado da uva e axudarán a establecer a data oficial para o comezo da vendima recomendada polo consello regulador
Viñedo en bancais en Trives, unha zona amparada pola D.O. Ribeira Sacra./ Foto: Concello de Trives.

Os técnicos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra iniciarán o luns 27 de agosto os controis de maduración nas viñas pertencentes á esta zona produtiva situada entre as provincias de Ourense e Lugo. “Estes controis previos”, explican dende a D.O. Ribeira Sacra, “determinarán o estado da uva e axudarán a establecer a data oficial para o inicio de vendima recomendada polo Consello Regulador”.

Os controis levaranse a cabo en parcelas representativas das cinco subzonas que forman a denominación de orixe. Os seus resultados, subliñan dende o consello regulador, “son de gran importancia xa que ofrecen datos sobre as condicións de maduración da uva. Con eles sobre a mesa o pleno do consello regulador, que se celebrará novos vindeiros días, poderá determinar a data oficial” para o inicio da recollida de uva.

Artigos relacionados

Back to top button