EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra leva recollidos 224.773 quilos de uva dende o inicio da campaña

Esta denominación, situada entre as provincias de Ourense e Lugo, espera superar os sete millóns de quilos nesta vendima

Labores de vendima na D.O. Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

A vendima poñíase en marcha na Denominación de Orixe Ribeira Sacra o pasado 28 de agosto. Deste entón ata o día 12 de setembro recolléronse 224.773 quilos de uva. A maior parte corresponde a mencía con 110.487 quilos e godello con 75.640 quilos.

“Das 99 adegas que vendiman ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 18 están a realizar labores de vendima, 11 téñena paralizada e 2 xa terminaron. Polo tanto son 68 adegas as que aínda non iniciaron os traballos de recollida”, segundo se informa dende o CRDO Ribeira Sacra.

Ademais dende este organismo destacan que “a uva que está a entrar en adega presenta un estado sanitario óptimo e as condicións meteorolóxicas están a ser moi favorables. A previsión segue sendo superar os 7 millóns de quilos de uva nesta campaña”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close