EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra, rumbo á feira ProWein en Alemaña

No certame, que se celebrará do 17 ao 19 de marzo, esta denominación organizará un Túnel do Viño no que 19 adegas participan achegando máis 44 referencias de brancos e tintos de diferentes añadas
Botella de viño de D.O. Ribeira Sacra.

Os viños da Ribeira Sacra estarán presentes na vindeira edición de ProWein, unha feira internacional que terá lugar en Düseldorf (Alemaña) do 17 ao 19 de marzo. Esta é a primeira cita internacional da D.O. Ribeira Sacra neste ano. Nela tamén estarán algunhas das súas adegas a nivel particular.

Nesta feira de Düsseldorf estarán representados 141 países. “Trátase dunha cita ineludible para os profesionais do viño e é unha oportunidade excelente para promocionar e dar coñecer os viños de Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados”, explican dende o seu consello regulador.

A D.O. Ribeira Sacra organizará un Túnel do Viño no que 19 adegas da Denominación de Orixe participan achegando máis 44 referencias de diferentes tipos de viños tintos e brancos, de diferentes anadas, para que o público profesional asistente poida degustar a singularidade dos viños desta zona vitivinícola.

Entre o material promocional, a D.O.  levará figuran novos exemplares do mapa da Denominación, documento imprescindible para poder percorrela a fondo. Acábanse de editar 10.000 novas unidades.

A D.O. Ribeira Sacra pon rumbo a Prowein logo de participar durante esta semana no Forum Gastronómico que se celebrou na Coruña entre o 10 e o 12 de marzo. Despois da cita de Düsseldorf, as seguintes actividades de promoción internacional da Denominación de Orixe Ribeira Sacra levarana á London Wine e a Vinexpo en Burdeos.

 

Artigos relacionados

Back to top button