EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra supera o ecuador da vendima

 

Das 97 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 27 xa completaron os traballos, 62 están vendimando, 6 aínda non comezaron e 2 téñena paralizada.

A data 30 de setembro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 3.532.304 quilos de uva. Na pasada campaña roldábase esta cifra o 24 de setembro, cando se tiñan recolleito 3.496.411 quilos, aínda que entón, 35 adegas estaban vendimando e este ano o dobre de adegas aínda están por finalizar. Por variedades os quilos recolleitos distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas
• Mencía 2.676.265 kilos
• Garnacha 94.506 kilos
• Merenzao 56.963 kilos
• Brancellao 22.740 kilos
• Caíño tinto 18.772 kilos
• Tempranillo 12.542 kilos
• Sousón 8.394 kilos
• Mouratón 3.986 kilos
Variedades brancas
• Godello 500.956 kilos
• Albariño 89.099 kilos
• Treixadura 33.990 kilos
• Dona Branca 5.571 kilos
• Branco Lexítimo 4.319 kilos
• Loureira 2.403 kilos
• Torrontés 1.798 kilos

A uva segue tendo un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención do Covid19.

Artigos relacionados

Back to top button