EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra xa leva recollidos 1.323.239 quilos

Espérase que esta fin de semana sexa "de moita actividade nas viñas da D.O. Ribeira Sacra, cando 66 adegas están de vendima e 8 aínda non iniciaron os traballos", indican dende o seu consello regulador

Recollida de uva na Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

A piques de afrontar a primeira fin de semana de vendima desde a data recomendada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe para o inicio dos traballos (o 16 de setembro), nesta zona produtiva situada entre as provincias de Ourense e Lugo xa se levan recolleitos 1.323.239 quilos, segundo informa o seu consello regulador.

“A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o 16 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nalgunhas parcelas o pasado 28 de agosto, comezando os traballos de vendima na subzona Ribeiras do Sil”, lembran dende o órgano rector.

Do total de 95 adegas que esperan vendimiar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 21 xa terminaron, principalmente adegas pequenas, que decidiron apurar as tarefas ante a posibilidade de choiva dos próximos días.

En todo caso espérase que esta fin de semana sexa “de moita actividade nas viñas da D.O. Ribeira Sacra, cando 66 adegas están de vendima e 8 aínda non iniciaron os traballos. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19”, destacan dende o seu consello regulador.

A distribución por variedades da uva recollida ata agora na D.O. Ribeira Sacra é a seguinte:

Variedades tintas

  • Mencía 873.802 quilos
  • Merenzao 40.027 quilos
  • Garnacha 25.119 quilos
  • Brancellao 17.887 quilos
  • Caíno tinto 16.042 quilos
  • Tempranillo 7.058 quilos
  • Sousón 6.704 quilos
  • Mouratón 789 quilos
  • Grao Negro 0 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 265.873 kilos
  • Albariño 31.875 quilos
  • Treixadura  22.931 quilos
  • Dona Branca 5.016 quilos
  • Torrontés 3.060 quilos
  • Loureira 629 quilos
  • Blanco Lexítimo 427 quilos

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close