EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro dase a coñecer en Aranda de Duero

O presidente deste Consello Regulador, Juan Casares, foi o encargado nunha conferencia organizada pola Universidade de Burgos

O pasado martes 3 de xullo, o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro, Juan Manuel Casares, impartiu unha conferencia en Aranda de Duero (Burgos). Esta desenvolveuse no curso de verán “Convivencia de la tradición y la innovación vitivinícola” baixo o título “Denominación de Origen Ribeiro. Zona, variedades, singularidades y vinos”.

 

Juan M. Casares durante a súa conferencia

 

Este curso celébrase entre os días 1 e 4 de xullo na Casa da Cultura de Aranda e está organizado pola Universidade de Burgos, o Concello de Aranda de Duero e o CRDO Ribera del Duero. Así, está dirixido por María Pilar Rodríguez de las Heras, Alberto Tobes Velasco e María Luisa González San José.

Durante a súa intervención, o presidente do Consello Regulador expuxo as características da D.O. dende distintos puntos de vista como o xeográfico, o edafolóxico, o climatolóxico ou o enolóxico. Así, reivindicou a súa veteranía histórica como a entidade vitivinícola máis antiga de Galicia.

Por outra banda, presentou a campaña “O camiño do viño”, a cal desenvolve a Ruta do Viño do Ribeiro co apoio do CRDO Ribeiro, o Xeodestino O Ribeiro-Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense. Ademais, Juan M. Casares salientou o bo momento que está a vivir a Denominación de Orixe Ribeiro grazas aos numerosos galardóns que está a recibir, pero tamén apuntou que o máis importante é o que vai demostrar nos vindeiros anos.

A reivindicación do mundo rural como un espazo de oportunidades tamén foi un aspecto clave na súa conferencia, xa que afirmou que o rural vive un momento crítico e é preciso pontencialo con estratexias adaptadas. Por último, validou o papel fundamental dos consellos reguladores como “axentes de vertebración e cohesión do terrritorio”.

Texto: Alba Prada

Fotos: Cedidas

Artigos relacionados

Back to top button