EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro entregará os seus premios o 17 de xuño

A gala desenvolverase no Mosteiro de San Clodio e nela distinguiranse os mellores viños desta denominación, ademais de entregarse outros galardóns como é o caso do de “Cociñar con viño” ao IES Vilamarín
O presidente do CRDO Ribeiro, Miguel Ángel Viso, nunha edición anterior da entrega de premios deste consello.
O presidente do CRDO Ribeiro, Miguel Ángel Viso, nunha edición anterior da entrega de premios deste consello.

Os mellores viños brancos e tintos do Ribeiro e outras iniciativas profesionais serán galardoados o vindeiro 17 de xuño no Mosteiro de San Clodio, en Leiro, no acto de entrega de premios desta denominación de orixe ourensá. Ademais, no marco desta cita farase unha presentación da colleita 2014 e un balance do último ano na xestión e promoción deste consello regulador.

Ao mesmo tempo, “a gastronomía galega será a protagonista neste evento xa que o colectivo de restaurantes e cociñeiros galegos con Estrella Michelín van recoller o relevo de Josep Roca (El Celler de Can Roca – Girona) recibindo nesta ocasión o Premio de Honra. Este galardón quere recoñecer o esforzo que realizan para que a enogastronomía galega viva un grande momento; polo seu traballo abríndoa cada vez máis ao mundo; e polo seu apoio aos produtos do país, en particular ao viño da D.O Ribeiro”, tal e como se adianta dende o seu órgano rector.

Nestes galardóns que outorga o Ribeiro tamén se resalta o papel das mulleres no mundo do viño e, así, entregarase o primeiro Premio “Fusión Muller e Viño” á Gemma Vela Humanes, primeira sumiller do Hotel Ritz (Madrid) dende o 1995. Tamén se desvelarán na gala os gañadores do resto de categorías dos premios: “Mellor tarefa de comunicación”; “Mellor servizo de viño en restaurante”; “Mellor tenda especializada – viñoteca”; “Mellor taberna – bar de vinos”; “Mellor Viño Tinto”; “Mellor Viño Branco Colleiteiro”; e “Mellor Viño Branco Adega”.

A brigada ganadora acompañada polo presidente do C.R.D.O: Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez. A brigada ganadora acompañada polo presidente do C.R.D.O: Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez.
A brigada ganadora acompañada polo presidente do C.R.D.O: Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez.
A brigada ganadora acompañada polo presidente do C.R.D.O: Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez.

Ademais outorgarase o galardón “Cociñar con Ribeiro” ao IES Vilamarín, gañador do concurso de receitas da Feira do Viño do Ribeiro; e o Premio Ribeiro ao mellor traballo de investigación elaborado polos alumnos do Instituto Galego do Viño (INGAVI).

Artigos relacionados

Back to top button