EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras abre o calendario de catas das “Distincións Gallaecia 2020”

Esta serie de catas son tamén para a elaboración da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2021”, coordinada por Luis Paadín

 

A sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín, acollía na mañá deste luns 29 de xuño a primeira das catas previas das “Distincións Gallaecia 2020”, un certame que promove dende hai 21 anos a Asociación de Sumilleres Gallaecia. Ademais a cata permitía obter datos  de cara á elaboración da edición 2021 da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia”, coordinada por Luis Paadín.

O panel de cata estaba formado por 10 catadores (membros da asociación e tamén expertos convidados de recoñecido prestixio como o director técnico da D.O. Ribera del Duero, Alberto Tobes, e o da Rioja, o valdeorrés Pablo Franco) que valoraba un total de 111 mostras (entre brancos e tintos). “A maior parte das mostras eran da colleita 2019, pero tamén había algunhas elaboracións anteriores, tanto de brancos como de tintos, de añadas como o 2018, o 2017 ou 2016 e ata un do 2014”, explicaba a tesoureira da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Natalia Cid.

 

 

A valoración do panel de cata foi moi positiva, destacando de maneira especial os brancos. “Vese un traballo progresivo tanto no viñedo como na elaboración, que segue dando moi bos brancos”, aseguraba Cid. Ademais referíase aos viños de añadas anteriores, “que van ganando moitísimo valor e van medrando en calidade. E, sobre todo nos brancos, é algo que non é moi común, cunha estrutura, aroma e forza que, evidentemente non é o dun viño xove, e logo está o potencial da uva”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button