EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras acude por primeira vez ao Decanter Spain & Portugal Encounter de Londres

Unha decena de adegas amparadas por esta denominación enviaron mostras de viño a este foro

Imaxe deste foro./ Foto: D.O. Valdeorras.

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras participaba o 29 de febreiro, por vez primeira, no Decanter Spain & Portugal Encounter, un encontro vitivinícola promovido por esta cabeceira especializada que se celebra no Hotel Landmark de Londres e que conta co apoio do Igape.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, que participa no foro deu as grazas “ás dez adegas participantes na iniciativa, que enviaron mostras dos seus brancos e tintos para dar a coñecer os viños valdeorreses entre o público especializado que acode ao encontro”.

Para García Pando, este tipo de iniciativas son importantes en aras a “divulgar o potencial dos nosos viños” e tamén para “coñecer o que se está facendo noutros territorios amparados da Península Ibérica”.

Adegas e as referencias valdeorresas que se exhibiron en Decanter:

‐ ADEGA A COROA, S.A.T
o 200 Cestos Godello 2018
o Ladeira Vella 2016
‐ ADEGA MELILLAS E FILLOS, S.L.
o Lagar do Cigur 2013
‐ ADEGA O CASAL, S.A.T.
o Casal Novo Godello 2019
‐ ADEGA QUINTA DA PEZA, S.L.
o Quinta da Peza Godello 2018
o Quinta da Peza Oro Mencía 2017
‐ BODEGA JOAQUIN REBOLLEDO, S.A.
o Joaquín Rebolledo Godello 2019
o Joaquín Rebolledo Mencía 2019
CTRA. N-120 KM. 463 32340 VILAMARTÍN DE VALDEORRAS – OURENSE
‐ BODEGA SANTA MARTA, S.A.T.
o Viñaredo Godello 2018
‐ BODEGA GODEVAL, S.L.
o Godeval Godello 2018
o Godeval Cepas Vellas Godello 2018
‐ HACIENDA UCEDIÑOS, S.L.
o Hacienda Ucediños Godello 2019
o Hacienda Ucediños Mencia 2018
‐ PAGO DE LOS CAPELLANES, S.L.
o O Luar do Sil Godello 2018
o O Luar do Sil Godello sobre Lías 2017
‐ VIRXE DE GALIR, S.L.U.
o Maruxa Godello 2018
o Maruxa Mencia 2018

Artigos relacionados

Back to top button