EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras alerta de “indicios de black rot” no viñedo da comarca

Dende o consello regulador ínstase aos os viticultores a estremar as precaucións e aplicar os tratamentos fitosanitarios pertinentes para facer fronte a este fungo

Black Rot./ Imaxe: CRDO Valdeorras.

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, a través do seu órgano de control, “advirte aos viticultores de que, debido ás condicións meteorolóxicas rexistradas nos últimos tempos, se constatan indicios de presenza de black rot na comarca”.

Neste senso, o presidente desta D.O., José Luis García Pando, asegura que “previr e controlar este fungo é fundamental para que a colleita sexa boa”. Por iso, dende o consello regulador valdeorrés ínstase a todos os viticultores a estremar as precaucións e aplicar os tratamentos fitosanitarios pertinentes para facer fronte a este fungo, “un dos que máis dano causa na vide, xunto ao mildiu e o oídio”, alerta García Pando.

Artigos relacionados

Back to top button