EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras aposta pola transformación dixital

O pleno deste consello regulador vén de aprobar a implantación dunha aplicación para mellorar a comunicación entre este organismo e as adegas

Exterior da sede do CRDO Valdeorras en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Axilizar os trámites” e facer transitar ao Consello Regulador “pola senda da transformación dixital”. Deste xeito resume o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando, os obxectivos da implantación neste organismo dunha nova aplicación denominada miconsejo.com.

Esta iniciativa resultaba aprobada na sesión plenaria que o consello valdeorrés celebraba este 19 de febreiro. Pretende ser un “medio válido para os fluxos de comunicación que se realicen entre o C.R.D.O. e as adegas que o integran, tanto para a recepción de solicitudes e resolucions como para a comunicación de non conformidades, resolucións de solicitudes, retiradas de certificación, certificacións de produtos ou novos produtos”, tal e como se informa dende este órgano réctor.

Trátase dun software específico, a través dunha app deseñada ad hoc que operará como un xestor de contidos cun sistema de comunicacións vía enderezo electrónico e un sistema de notificacións para iOS e Android.

Ademais esta aplicación posibilitará “que se achegue a información en tempo real, o que suporá un verdadeiro salto cualitativo na comunicación entre os diferentes axentes que conforman o C.R.D.O. Valdeorras”, segundo García Pando.

Artigos relacionados

Back to top button