EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras aposta polo mercado madrileño

Un total de 21 adegas da comarca participan neste luns nun salón organizado no centro comercial ABC Serrano da capital de España polo equipo da “Guía Peñín”

As referencias dun total de 21 adegas da Denominación de Orixe Valdeorras (a metade das amparadas baixo este selo) promocionábanse nesta xornada de luns 12 de novembro nun acto celebrado en Madrid, no centro comercial ABC Serrano de Madrid. Tratábase dun showroom organizado polo equipo da Guía Peñín.

O obxectivo era “achegar os brancos e tintos de Valdeorras aos potenciais consumidores finais, no marco dunha acción de promoción directa nun dos espazos comerciais máis distinguidos da capital”, indica o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando.

Os asistentes podía degustar un total de 37 referencias de viño diferentes das seguintes adegas: A Coroa, Alán de Val, Adega da Pinguela, Adega Melillas e Fillos, O Casal, O Cepado, Santa Marta, Cooperativa Jesús Nazareno, Roandi, Ruchel, D’Berna, Godeval, Sampayolo, Eladio Santalla Paradelo, Joaquín Rebolledo, O Luar do Sil, Quinta da Peza, Terriña Adegas e Viñedos, Viña Costeira Valdeorras, Viña Somoza e Virxe de Galir.

 

Fotos: CRDO Valdeorras e cedidas pola organización.

Artigos relacionados

Back to top button