EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras estrea imaxe promocional

“Valdeorras un brinde de sensacións”. É o slogan da nova campaña promocional do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Aínda que a presentación oficial desta campaña está prevista para o vindeiro luns, as persoas que transiten cos seus vehículos pola N-120 á altura de Vilamartín xa poden ver unha mostra da mesma. Trátase dun enorme anuncio, situado ao pé da sede do propio Consello Regulador da D.O. Valdeorras, que reproduce a imaxe unha copa con referencias aos godellos e mencías, acompañada do citado lema.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button