EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras intensificará as accións promocionais na segunda metade do ano

Neste luns os viños valdeorreses presentábanse no Westin Palace da capital de España, no marco dun acto promovido por Verema

Publicidade

 

Diferentes viños brancos e tintos da Denominación de Orixe Valdeorras puideron ser degustados ao longo de todo o día de hoxe no Westin Palace de Madrid, no marco dun acto desenvolvido baixo o paraugas de marca “Experiencia Verema”. Os viños valdeorreses chegaron a Madrid logo de se promocionar o mes pasado nas cidades de Alacante e Málaga.

“Continuamos impulsando, pese as limitacións actuais, a promoción dos nosos viños”, asegurou José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras en relación a estes eventos promocionais. “Logo de Madrid, temos previsto desenvolver unha acción promocional no Hotel Meliá Palma Marina de Palma de Mallorca, en concreto a vindeira semana, e outro en Ibiza”. Ademais, tras o parón estival os viños valdeorreses promocionaranse nas cidades de Barcelona e Bilbao.

O Consello Regulador prevé intensificar os eventos promocionais na segunda metade do ano, logo de que o Pleno do organismo decidira destinar a actividades divulgativas unha parte moi destacada do seu orzamento anual.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button