EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras mellorará o sistema de xestión da certificación de produto

O consello regulador vén a aprobar neste 29 de setembro a sinatura dun novo convenio neste senso entre o organismo e a Universidade de Vigo

Sesión plenaria do Consello Regulador da D.O. Valdeorras./ Foto: CRDO Valdeorras.

 

O pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén a aprobar neste 29 de setembro a sinatura dun novo convenio entre o organismo e a Universidade de Vigo para introducir melloras no seu Sistema de Xestión da Certificación de Produto (SGC). “Esta colaboración, iniciada en 2018, foi fundamental para obtermos a certificación ENAC, que pretendemos revalidar o ano que vén, de novo coa colaboración do Grupo de Enxeñaría de Organización do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo”, segundo o presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando.

A colaboración entre ambas entidades permitirá a plena integración no SGC dos novos métodos de análises sensoriais do Panel de Cata do Consello Regulador, nos que se ven traballando dende hai tempo. Neste sentido, o plan de traballo conxunto permitirá a continuación do asesoramento na consolidación e mellora da implantación do SGC. O Consello Regulador poderá reclamar a presenza dos técnicos da Universidade en catas e probas do Panel de Cata ou nos plenos do organismo para proporcionar información ou resolver dúbidas sobre a certificación ENAC.

 

Sede do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

Tamén se poderá solicitar a presenza dos técnicos en reunións ou sesións do Comité de Garantías e durante todo o proceso de cumprimento da nova auditoría de ENAC, que terá lugar previsiblemente en febreiro de 2021. A acreditación é unha esixencia da OCM comunitaria para todos os órganos de control de calidade dos consellos reguladores.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close