EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras, na London Wine Fair

Esta prestixiosa feira internacional concluirá o 20 de maio na capital británica
O director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira, e o presidente desta D.O. José Vicente Solarat, no stand na London Wine.
O director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira, e o presidente desta D.O. José Vicente Solarat, no stand na London Wine.

Os viños valdeorreses apostan de novo por promocionarse no mercado británico. A Denominación de Orixe Valdeorras conta dende o 18 de maio cun expositor na 35ª edición da “London Wine Fair”, un referente vitivinícola internacional. Este certame, que se prolongará ata o 20 de maio, reúne nesta edición no recinto do “Kensington Olympia” de Londres a máis de 750 expositores chegados de diferentes partes do mundo.

Federico Trillo, co presidente do CRDO Valdeorras, no stand desta denominación na London Wine.
Federico Trillo, co presidente do CRDO Valdeorras, no stand desta denominación na London Wine.

Ademais de profesionais do mundo do viño, polo stand do Consello Regulador valdeorrés nestes días pasaban representantes institucionais como era o caso do embaxador de España no Reino Unido, Federico Trillo-Figueroa, que saudaba e charlaba co presidente do CRDO Valdeorras, José Vicente Solarat.

Artigos relacionados

Back to top button