EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras, no Verema Global Wine en Madrid

 

O Green Park de Madrid, un espazo para eventos emprazado na rúa de Salamanca, en pleno distrito financeiro de capital de España, acolle hoxe e mañá o Verema Global Wine. Trátase dun evento que propón dous días de actividade intensa arredor do viño e no que participa o Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Adegas, distribuidores, enólogos, elaboradores, sumilleres e profesionais do sector daranse cita neste foro no que se expoñen viños procedentes de diferentes denominacións de orixe españolas e no que se divulga, ademais, a cultura do viño a través de ponencias específicas a cargo de especialistas de Master of Wine. O evento celebrase no marco dun estrito protocolo de seguridade para adaptarse ás circunstancias sociosanitarias actuais.

“A través desta iniciativa, apostamos por afianzar a nosa presenza no mercado madrileño, nun ano no que ten sido moi difícil realizar promoción por mor da pandemia. Facémolo da man de Verema, entidade que aglutina unha das comunidades de aficionados ao viño e á gastronomía mais representativas do mundo de fala hispana, con máis de 74.000 usuarios rexistrados”, segundo indica o CRDO Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button
Close