OurenseÚltima hora

A D.O. Valdeorras ofrecerá catas en Allariz no marco das festas do San Bieito

O programa desta celebración, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo, vén de darse a coñecer dende o Concello
Acto de presentación do programa do San Bieito en Allariz. Na foto, o presidente doCRDO Valdeorras, a alcaldesa de Allaiz e o concelleiro de Cultura.

 

Os viños valdeorreses serán un dos referentes das festas na honra do San Bieito que se celebrarán en Allariz do 11 ao 14 de xullo. Así entre o completo programa de actos relixiosos, lúdicos, musicais e gastronómicos figuran catas a cargos desta denominación.

A primeira delas está programada para o vindeiro 12 de xullo ás 11h. e irá destinada á hostalaría. Terá lugar na Paneira e para poder participar será necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. Ás 19h. farase unha nova cata a cargo da D.O. Valdeorras, pero desta volta destinado ao público en xeral tamén na Paneira. Novamente será necesario realizar unha inscrición previa na Casa da Cultura.

Despois, ás 20h. comezarán as Xornadas Gastronómicas con produtos do mar e da terra do Concello de Carballo, neste caso acompañados por viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Será na Barreira. Ademais o ambiente estará animado polas actuacións dos grupos Aló Django e Soul & Roll.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button