A D.O. Valdeorras promociona os seus viños e o seu territorio nun curso de sumillería en Salamanca

Membros do equipo técnico deste organismo impartían hoxe formación no Centro de Referencia Nacional de Formación Profesional do Servizo Público de Emprego desta cidade

As cualidades organolépticas do viños valdeorreses, os seus matices e as variedades de uva presentes na zona, así coma a historia e os valores diferenciais do territorio amparado (clima, tipos de chan, etc) centraron a presentación que membros do equipo técnico do C.R.D.O. Valdeorras impartían esta mañá de 28 de marzo en Salamaca. Facíano no marco dun curso avanzado de sumillería que se celebrou nas instalacións do Centro de Referencia Nacional de Formación Profesional do Servizo Público de Emprego da cidade charra.

Convidados por este organismo, de referencia no seu campo dentro do noroeste peninsular, os técnicos do Consello Regulador “tentaron achegar un anaco da idiosincrasia dos viños valdeorreses aos alumnos do curso”, destacou o presidente da D.O., José Luis García Pando. “As actividades de formación son practicamente tan importantes para nós como as de promoción, posto que nos axudan a divulgar entre públicos especializados os valores singulares dos nosos viños”.

Os Centros de Referencia Nacional (CRN) son centros públicos de innovación e experimentación en materia de Formación Profesional. De carácter sectorial, emprázanse en diferentes comunidades autónomas e, polas súas instalacións e traxectoria, son considerados de excelencia, tanto no desenvolvemento de accións de investigación coma na impartición de cursos. Para a asistencia a estes cursos, os traballadores desempregados poden recibir bolsas e axudas para desprazamento.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies