EconomíaEconomíaViticultura

A D.O. Valdeorras promociónase en Enofusión 2019

Este certame que se desenvolverá ata o 30 de xaneiro en Madrid, aposta pola innovación e achega as últimas tendencias no sector do viño
Cata comentada dirixida polo director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, en Enofusión./ Foto: CRDO Valdeorras.

 

Dende o 28 de xaneiro o Consello Regulador da D.O. Valdeorras participa en Enofusión 2019, un certame que desenvolverá ata o 30 de xaneiro no Pazo de Congresos de Madrid e que aposta por achegar as últimas tendencias no ámbito vitivinícola e a innovación no sector.

“Trátase do foro ideal para que os nosos viños poidan conectar con potenciais prescritores”, en palabras do presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando. Este certema atrae cada ano a máis de 10.000 profesionais.

A participación do Consello Regulador neste salón inclúe presentacións e degustacións dos viños amparados baixo o selo de calidade, dirixidas principalmente a restauradores, sumilleres e público profesional. Así, nesta mostra xa tivo lugar unha cata comentada para profesionais na que participaron unhas 40 persoas e previamente desenvolveuse outra acción similar na Asociación Madrileña de Sumilleres.

Artigos relacionados

Back to top button