EconomíaEconomíaÚltima hora

A D.O. Valdeorras realizará diversas accións promocionais fóra de Galicia no outono

 

O Salón Vividinos de Sevilla, que se celebra hoxe, representa o primeiro punto dunha serie de accións divulgativas dos viños de Valdeorras que se desenvolverá ao longo dos meses de outubro e novembro. Tras esta primeira acción, na que os asistentes poden degustar diferentes referencias da comarca, o Salón Vidivinos trasládase a Marbella o vindeiro xoves, 7 de outubro.

Posteriormente, entre o 18 e o 21 deste mesmo mes, celébrase en Madrid o XXXIV Salón Gourmets, no que tamén terán presenza os viños da comarca. Xunto a isto, os viños amparados baixo o selo do Consello Regulador viaxarán ata Barcelona, o 15 de novembro, no marco da Experiencia Verema e a Bilbao, o 22 de novembro, baixo o mesmo paraugas da Experiencia Verema.

Para o presidente do Consello Regulador, “recuperar a normalidade en canto a accións de promoción dos nosos viños é agora a prioridade para nós. Pouco a pouco, imos volvendo a feiras e actos sectoriais e agardamos que con estas iniciativas contribuamos a optimizar o grado de coñecemento dos nosos viños entre diferentes públicos, profesional e xeralista”.

Artigos relacionados

Back to top button