EconomíaEconomíaViticultura

A D.O. Valdeorras remata a vendima cunha colleita de 7.097.379 quilos

A maior parte deles corresponden á variedade branca godello, con 4.333.760 quilos, segundo informa o Consello Regulador

Labores de vendima./ Foto: O SIL.

 

Finaliza a campaña da vendima 2021 en Valdeorras cun total de 7.097.379 quilos de uva recollidos, a maior parte deles correspondentes á variedade branca godello, con 4.333.760 quilos. Tras ela, por orde de importancia sitúanse a mencía (1.714.006 quilos), a garnacha tintureira (473.393 quilos) e a variedade palomino fino (449.766 quilos).

Xa en menores cantidades están as variedades tintas sousón (50.477 quilos); a tempranillo (37.461 quilos); a albarello (17.448 quilos); a merenzao (11.354 quilos); a caíño tinto (3.365 quilos); mouratón (2.240 quilos); gran negro (1.345 quilos) e, xa en brancas, a dona branca (764 quilos).

Tras case dous meses de traballo nas viñas, a vendima finaliza cunha suba de máis do 30% no número de quilos recolleitos en relación a 2020. Xunto “ao considerable aumento en cantidade”, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, sinala que as uvas posúen “unha calidade óptima” e que permitirán a elaboración de viños “que seguirán recollendo premios en distintas partes do mundo”.

Artigos relacionados

Back to top button