EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras suma 13 Distincións Gallaecia

Este concurso vén de dar a coñecer os viños galardoados nesta edición, con ata 18 recoñecementos no Ribeiro, 14 na Ribeira Sacra e 11 en Monterrei

Un dos momentos da cata final das Distincións Gallaecia 2020./ Foto cedida.

 

Do total de 72 viños recoñecidos na edición 2020 das Distincións Gallaecia, 56 son das denominacións de orixe de Ourense e Lugo. Especialmente premiada resultaba a D.O. Ribeiro con ata 18 galardóns (12 en brancos e 6 en tintos), seguida da Ribeira Sacra con 14 (12 en tintos e 2 en brancos), Valdeorras con 13 (8 en brancos e 5 en tintos) e de Monterrei con 11 (7 en brancos e 4 en tintos).

Nesta edición ds Distincións Gallaecia 2020 participaban 641 viños e destilados de todas as DD. OO. de Galicia. Así mesmo organizáronse 14 paneis de cata, conformados por 85 catadores de toda a comunidade, que tamén estiveron acompañados por catadores e técnicos de Zamora, Toro, Ribeira do Douro e Rioxa.

Tras realizar durante o verán unha serie de catas previas nas diferentes denominacións de orixe, os viños seleccionados pasaba a unha cata final, celebrada o luns 31 de agosto no Hotel Bela Fisterra na Costa da Morte, na que se decidían as distincións deste ano.

Os membros de Gallaecia que participaron na cata final foron aqueles que realizaban o maior número de catas previas nesta edición e os técnicos dos consellos reguladores. A listaxe é a seguinte:

    • Aurelio Vázquez (Presidente Gallaecia – Sumiller rest. Casa Aurelio)
    • Alejandro Paadín (Vicepresidente Gallaecia – Xerente Paadín Eventos)
    • Pedro Sestayo (Secretario Xeral Gallaecia – Formador de hostalaría)
    • Manuel Corralero (Sumiller Hotel Plaza ****)
    • Natalia Cid (Tesoureira Gallaecia – Sumiller Grupo Montesqueiro)
    • Rebeca André (Membro do panel de cualificación D.O. Monterrei)
    • José Dopazo (Membro do panel de cualificación  D.O.  Rías Baixas)
    • Erika Laíño (Promoción & Comunicación D.O Ribeiro)
    • Pablo Vidal (Membro do panel de cualificación  D.O.  Valdeorras)

O Concurso de Viños “Distincións Gallaecia” cumpría nesta ocasión 22 anos. Ao longo deste tempo tense ido consolidando como un dos mellores concursos de viños, non só en Galicia, chegando o seu recoñecemento a todo o territorio nacional.

Gallaecia, integrada por máis de 70 catadores das catro provincias galegas, é unha asociación “sen ánimo de lucro, sen axudas, nin patrocinios, nin subvencións. Grazas a esta independencia que mantén, vén demostrando ano tras ano unha gran solvencia no sector, proba diso é a elevada participación de mostras ás Distincións Gallaecia, seguramente o concurso rexional con maior número de participantes”, destacan dende esta entidade.
“DISTINCIÓNS GALLAECIA 2020” POR DENOMINACIÓN DE ORIXE

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close