EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras supera a primeira auditoría da ENAC

Así se daba a coñecer no pleno celebrado por este organismo neste 20 de marzo. Nel tamén se acordaban accións promocionais en Burdeos, Londres, Galicia e Madrid
Viños de Valdeorras nunha mostra profesional./ Foto: CRDO Valdeorras.

 

No pleno celebrado na mañá do 20 de marzo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras sometía a estudo o informe de auditoría de ENAC, cuxa acreditación se acadaba o ano pasado. O presidente deste órgano réctor, José Luis García Pando, expresa a súa satisfacción por ter superado esta primeira auditoría da organización. “Máis alá de pequenas observacións e puntualizacións de detalles moi asequibles, o resultado é satisfactorio. Imos seguir contando coa acreditación ENAC”, aseguraba.

Nesta mesma sesión plenaria acordábanse unha serie de accións promocionais que o Consello Regulador vai desenvolver neste ano 2019, entre elas figura a súa participación en Vinexpo. “É a primeira vez que tomamos parte neste prestixioso salón que se celebra en Burdeos”, destaca o presidente da D.O. ao finalizar o Pleno.

Xunto a isto, o Consello Regulador vai participar tamén, un ano máis, na London Wine Fair, unha das feiras vinícolas máis relevantes de Europa, que cada ano se celebra na capital británica. A cita tamén terá lugar tamén no mes de maio. Ademais o consello ten previsto desenvolver outras accións promocionais relevantes dentro do mercado español, en concreto en Galicia e Madrid para afianzar a marca Valdeorras.

“Imos lanzar unha campaña promocional nas traseiras dos buses de Vigo de cara ao verán”, adianta. “Trátase da cidade máis poboada de Galicia, cun amplo potencial de mercado, sobre todo nos meses estivais, polo atractivo turístico da súa contorna”, engadiu García Pando. Esta acción promocional estenderase tamén ás traseiras de autocares que conectan Vigo con Madrid, “o cal lle dará un carácter itinerante á campaña”.

No pleno celebrado neste mércores tamén se aprobou a realiza que se fagan auditorías das contas do consello con carácter anual. “O obxectivo é favorecer, ante todo, a transparencia nas finanzas do Consello”, di García Pando.

Artigos relacionados

Back to top button