A RúaConcellosÚltima hora

A da Rúa, entre as Agrupacións de Voluntarios de Protección que reciben un remolque de emerxencias

Está equipado con maquinaria e medios técnicos para socorrer e colaborar en emerxencias (motoserra, desbrozadora, balizas, xeradores, bombas de achique, equipo de iluminación, etc.)

 

O concello da Rúa é un beneficiarios da orde de axudas do Goberno galego para equipamentos de emerxencias, dotada con 932.400 euros, e na mañá deste martes 19 de xaneiro, a súa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), recibía de mans do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, un dos 12 remolques entregados, con características especiais para intervencións nas incidencias provocadas por inundacións e temporais, e para desprazarse por núcleos de poboación con vías estreitas.

O material de emerxencias cedido aos concellos inclúe, ademais destes 12 remolques, 8 vehículos todo terreo tipo pick-up, 37 tendas de campaña para emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle), 12 coitelas para retirada de neve, 12 esparexedores de sal e 4 embarcacións neumáticas de salvamento e rescate.

No caso do remolque entregado á AVPC da Rúa, está equipado con maquinaria e medios técnicos para socorrer e colaborar en emerxencias (motoserra, desbrozadora, balizas, xeradores, bombas de achique, equipo de iluminación, etc.).

Dende o Concello rues agradecen unha vez máis a “inestimable e desinteresada colaboración de Protección Civil na organización de eventos, intervencións de emerxencia, loita contra a velutina, e, especialmente, na xestión informativa e apoio que estades a prestar na loita por frear as consecuencias e a propagación da Covid”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button