CulturaCulturaÚltima hora

A danza cubana feita imaxe da man dun ourensán

Xavier Carvajal leva anos aficando en Cuba e explorando fotograficamente a súa danza
Cartaz deste espectáculo de danza na Habana./ Foto: Xavier Carvajal.
Cartaz deste espectáculo de danza na Habana./ Foto: Xavier Carvajal.

Entre finais de agosto e primeiros de setembro terá lugar na Habana a reestrea de “Tributo a El Monte. Nuestro homenaje a Lydia Cabrera”, un espectáculo da compañía cubana Rosario Cárdenas, Danza Combinatoria. A imaxe do cartaz deste espectáculo é obra do fotógrafo ourensán Xavier Carvajal, que leva anos afincado en Cuba e explorando fotograficamente a danza desta illa caribeña.

Este “Tributo a El Monte” porase en escea no Teatro Mella os días 29, 30 e 31 de agosto e os días 5,6 e 7 de setembro. A creación e dirección corre a cargo de Rosario Cárdenas (Premio Nacional de Danza 2013).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button