OurenseÚltima hora

A danza toma as rúas da zona vella de Ourense coa IX edición de Corpo (a) terra

Catro serán as actuacións diarias que protagonizarán os artistas internacionais, ademais de outras actividades repartidas por toda cidade, incluíndo Allariz

As rúas da cidade encheranse de vida e talento un ano máis grazas á danza e ás artes do corpo coa novena edición de Corpo (a) terra. Constará de catro actuacións diarias, duns 20 minutos cada unha, no que participarán as compañías integradas por coreógrafos e bailaríns de Ourense. Os actos terán lugar na zona vella, as prazas de Santa Eufemia e San Martiño, a escalinata de Santa María Nai, o miradoiro de San Francisco, a explanada de Expourense, o Café cultural Auriense e o Centro Cultural Marcos Valcárcel, e tamén terá unha xornada en Allariz o 6 de xullo.

O festival é organizado por trasPediante, que recibe unha aportación de 14.950 euros a través dun contrato asinado coa Concellería de Cultura. Continuando así unha exitosa actividade que, dende o verán de 2011, enriquece a oferta cultural da cidade e reivindica un novo uso do espazo urbano que apela á participación cidadá a través da danza.

Corpo(a)terra 2019 inclúe tamén entre as súas actividades unha residencia de formación artística con Jesús Rubio Gamo cun grupo reducido de bailarinas e bailaríns. Os participantes seleccionados partillarán o proceso de adaptación da peza “Gran Bolero” ao contexto da IX edición do festival, que se representará o día 13 de xullo pechando a programación oficial de pezas de danza do festival.

 

PROGRAMACIÓN DO IX FESTIVAL DE DANZA E ARTES DO CORPO DE OURENSE CORPO (A) TERRA 2019

Día 5 de Xullo – Ourense

– Presentación de “O lugar que non hai”, último libro de Pesía de Estevo Creus ás 21:00h – 21:20h no Café cultural Auriense.
– Nazario Díaz ás 22:00 h – 23:00 h no Claustro de San Francisco.

Día 6 de Xullo – Allariz

– Presentacións da mesa de traballo: Repensarnos como Patrimonio Inmaterial Actual. Ás 16:30h -18:30h no Fogar do Maior.

– Publishing performance, MACACO Press. Ás 20:30 h – 21:30 h na Praza de Abaixo.

– ONE HIT WONDER de Lina Segovia, Carlos Regueyra (gañadores SóLODOS), ás 21:30h – 21:40h na Praza de Abaixo.

– Julia Zac ás 22:00h – 22:30h na Praza do Matadoiro.

– Alejandra Pombo ás 23:30h-00:40h noCampo Branco.

Día 10 de Xullo – Ourense

– Cía Alias (danzas espontáneas)  das 19:15h ata as 23:30h.

– Conferencia de Iker Gómez de 20:00h ata as 21:00h no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Día 11 de Xullo – Ourense

– Cía Alias (danzas espontáneas) das 20:00h ata as 22:30h na Zona Vella por distintos lugares.

– Elahood: Impermeable de 21:00h ata as 21:15 na Praza Santa Eufemia.

– Ertza: Meeting Point (Circuito Redacieloabierto) dende as 21:30h ata as 21:45h na Escalinata Santa Martía Nai.

Día 12 de Xullo – Ourense

-Sabela Mendoza dará unha conferencia performativa de 20:00 h a 21:00h no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

– Publishing performance, MACACO Press de 21:00h a 22:00h na Praza Santa Eufemia.

-Unaiuna (Circuito Redacieloabierto) de 22:00h a 22:15h naPraza Santa Eufemia.

Día 13 de Xullo – Ourense

-Conferencia de Manu Lago de 13:00h a 14:00h no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

– Publishing performance, MACACO Press de 20:00h a 21:00h na Praza Santa Eufemia.

– Cía Iker Gómez: Nowere_Madrid (Circuito Redacieloabierto) de 21:00h a 21:15h na Praza de San Martiño.

– Alvaro Reboredo “Fitinho” de 21:30h a 21:45h no Mirador de San Francisco.

– Jesús Rubio: GRAN BOLERO de 22:00h a 23:00h na explanada do Auditorio.

– Dj Balboa de 23:30h a 00:30h na Praza de San Marcial.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Foto: Facebook @corpo(a)terra

 

Artigos relacionados

Back to top button