EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A DAP, unha nova ecoetiqueta para a lousa galega

Para conseguila estudáronse datos deste produto como durabilidade e sustentabilidade ambiental, emisións, consumo de enerxía e auga ou eliminación de residuos, entre outros parámetros

 

A lousa é máis sostible que outros produtos substitutivos usados na construción de cubertas. Esta pedra natural vén de lograr un novo selo: a Declaración Ambiental de Produto (DAP, a cargo de DAPCons. Trátase dun “programa de ecotiquetado da construción pioneiro en España, seguindo determinadas directrices e regulado polas normas ISO 14025 e 15804” para lograr esta certificación “estudáronse determinados datos da lousa como produto, tales como a durabilidade e sostibilidade ambiental, emisións, consumo de enerxía e auga ou eliminación de residuos, entre outros parámetros”, en palabras do presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo.

Para a obtención deste marchamo, que se manterá ata o 2026, os consultores analizaban datos de 25 empresas produtoras integradas no Clúster no ano 2020. “Esta certificación aglutina ás empresas fabricantes que desexan comprometerse coa mellora ambiental dos seus procesos produtivos coa finalidade de dotar ao sector da transparencia medioambiental”, tal e como destaca Víctor Cobo no acto de presentación desta DAP, que tiña lugar nesta semana no Centro Tecnolóxico da Pizarra en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), contando coa asistencia de diversas autoridades e representes empresariais, entre eles a subdirectora de Recursos Minerais, María Coutinho; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; así como a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González.

 

 

A información que contén unha DAP, tamén coñecidas como “Eco-etiquetas” tipo III, baséase na análise do ciclo de vida (ACV) dun produto. Ademais a DAP conseguida pola lousa resulta especialmente útil para o técnico na primeira etapa dun proxecto na que se require coñecer o impacto ambiental dun produto tipo sen coñecer o modelo nin a marca exacta.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button