PolíticaÚltima hora

A delegación ourensá, na convención nacional do PP de Sevilla

A delegación ourensá na convención nacional do PP en Sevilla.

Unha trintena de cargos do Partido Popular de Ourense, entre membros natos e electos, integraron a delegación ourensá que acudiu á convención nacional popular celebrada nesta fin de semana en Sevilla, na que representantes de todos os territorios de España participaban en debates sobre diversos temas de carácter nacional.

Entre eles estaba o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen amosaba a súa satisfacción pola activa participación da representación ourensá nos diversos relatorios e debates, destacando “as aportacións da comisaria para o reto demográfico, a ourensá Miri Barreira, para a inclusión deste importatísimo tema na axenda política”. En clave nacional, Baltar personalizou en Mariano Rajoy “un proxecto ambicioso de país, capaz de conseguir a recuperación económica e a estabilidade institucional”.

A convención nacional do Partido Popular é un órgano de natureza consultiva que se celebra todos os anos, agás cando coincide coa celebración do congreso xeral, e ten como obxectivo avaliar, facer análise e orientar as estratexias e políticas da organización. Manuel Baltar aseguraba que esta cita permitiu tamén demostrar que “seguimos tomando o pulso da cidadanía e liderando a iniciativa política para responder as demandas da veciñanza”.

Artigos relacionados

Back to top button