OurenseÚltima hora

A deportista do Club Asesou, Iris Gutiérrez, consegue o máximo grao alcanzado por unha escaladora galega

Lograba encadear en Huesca, na Escola Pico del Águila, a vía "Soldado Universal ", vía graduada cunha dificultade 8A

Iris Gutierrez en Soldado Universal – 8A.

 

A escalada galega e máis concretamente a ourensá está de noraboa. Esta semana a escaladora Iris Gutiérrez do Club Asesou conseguía encadear na Escola Pico del Águila, en Huesca, a vía “Soldado Universal “, vía graduada cunha dificultade 8A. “Un grao moi elevado que só conseguiron encadear dúas mulleres en Galicia”, exlican dende a Asociación de Escaladores Ourensáns. A primeira foi a ourensá afincada en Plasencia e actual campioa de España, Antía Freitas, e a segunda, Iris Gutiérrez, actual campioa galega de dificultade e que o vindeiro 24 de outubro competirá no rocódromo do Pazo de Feiras de Lugo por revalidar o título.

 

Iris no campionato galego de dificultade 2019. /Foto: Jesús Arcelle.

 

Desde Asesou, recalcan que “estes logros alcanzados individualmente por escaladores da nosa terra, veñen a refrendar o gran traballo que dende clubs e federación se están realizando coa escalada de base”. A ese respecto, no mes de outubro a Escola Ourensá de Escalada comezará a súa actividade con preto de cen alumnos, repartidos equilibradamente entre ambos sexos.

Artigos relacionados

Back to top button