EconomíaEconomíaÚltima hora

A Deputación colaborará coas obras de mellora da sede do CRDO Valdeorras

Así se acordaba na xuntanza que mantiñan hoxe represetantes desta denominación co presidente da D.O.

Reunión do presidente da Deputación con representantes do CRDO Valdeorras.

 

A Deputación de Ourense colaborará coas obras de acondicionamento da sede actual do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Así se acordou na xuntanza que mantiñan hoxe no Pazo Provincial o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, acompañado polos xerentes das adegas Santa Marta e Joaquín Rebolledo, José Guitián e José Ramón Rodríguez.

O presidente da Deputación destacaba “a excelencia dos viños de Valdeorras e a súa gran proxección nacional e internacional, unha cooperación que a institución provincial continuará mantendo polo que significa de estratéxico para Valdeorras e para a provincia de Ourense o sector vitivinícola”, indicaba Baltar.

A achega da Deputación de Ourense para o acondicionamento das instalacións do consello regulador ascende a 80.000 euros, “e non se descarta por parte da Deputación a colaboración futura para que a sede deste organismo vitivinícola se sitúe noutro inmoble”, segundo avanzan dende este organismo provincial.

 

Sede do CRDO Valdeorras en Vilamartín./ Foto: CRDO Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button