PolíticaÚltima hora

A Deputación convocará o 15 de novembro á comisión vianesa para o arranxo da estrada de San Agostiño

Segundo informa o partido socialista de Viana, nesta reunión prevese asinar a reforma do vial

Imaxe da estrada de San Agostiño en Viana do Bolo.

 

O agrupación socialista de Viana do Bolo vén de emitir un comunicado no que asegura que a Deputación de Ourense convocará para o vindeiro día 15 de novembro á Comision de Viana para “asinar o arranxo da estrada de Santo Agostiño”, algo que valoran de forma moi positiva, tendo en conta “a urxencia da reparación desta estrada que tanto preocupa a todolos veciños e veciñas”, din.

No mesmo comunicado os socialistas vianeses indican que nesta xuntanza na Deputación “culminará un traballo de moitos meses, tendo como fin o asinar o convenio con Endesa e acordar o comezo das obras. No vindeiro pleno municipal extraordinario solicitado polo PSdeG, que terá lugar o 12 de decembro, acordarse darlle viabilidade á utilización dos remanentes do Concello para habilitar a cantidade de 286.749,72 €, requerida pola Deputación, como aportación do Concello de Viana do Bolo”, tal e como sinala Abelardo Carballo Alonso, voceiro do grupo municipal socialista de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button