ConcellosÚltima hora

A Deputación de Ourense abrirá na Rúa a súa delegación en Valdeorras

As oficinas situaranse nun local na rúa Padre Feijóo desta localidade e ofrecerán os seus servizos administrativos no 2020

Manuel Baltar, con membros do equipo de goberno rues, entre outras persoas, diante das oficinas que acollerán a futura sede da Deputación.

 

A partir do vindeiro ano 2020 a Deputación de Ourense contará cunha sede administrativa en Valdeorras, no municipio da Rúa. Así o confirmaba neste xoves 19 de decembro o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, na visita realizada ao concello rues, onde se situarán as oficinas da primeira delegación da Deputación de Ourense. Deste xeito respóndese a unha petición realizada no seu momento polo alcalde deste concello e membro do goberno provincial, Álvaro Fernández, e que figura contemplada no Plan de Mandato 7273 do presidente Baltar.

 

Outra imaxe da visita de Manuel Baltar esta mañá á Rúa.

 

O obxectivo desta nova sede administrativa, que abrirá ás súas portas ao público ao longo do ano 2020 na rúa Padre Feijóo, é, segundo explica Manuel Baltar, “ter un punto de encontro e atención para a veciñanza, os concellos da comarca e os diferentes colectivos sociais, empresariais e culturais de Valdeorras”.

Coa apertura desta delegación “gañaremos en proximidade á cidadanía e en maior celeridade na tramitación de procedementos administrativos, tanto para os concellos da comarca como para as asociacións e colectivos que traballan neste importante ámbito da nosa xeografía ourensá, como é Valdeorras”, indicaba o presidente provincial.

Artigos relacionados

Back to top button