EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Deputación de Ourense adhírese á Ruta do Viño de Valdeorras

O acordo tomábase na sesión plenaria que a Corporación provincial celebraba na mañá do 27 de xullo
Visitantes nunha das adegas da Ruta do Viño de Valdeorras./ Foto cedida.

No pleno provincial celebrado na mañá do 27 de xullo aprobábase a adhesión da Deputación de Ourense á asociación “Ruta do Viño de Valdeorras” para apoiar as iniciativas que desenvolve esta entidade a prol dos ámbitos vitivinícola, económico e cultural na comarca valdeorresa.

Ademais designábase como representantes da Administración provincial nos órganos da Asociación Ruta do viño de Valdeorras ás seguintes persoas: ao deputaJuan Anta Rodríguez na asemblea xeral e na xunta directiva a Rosendo Luís Fernández Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button