PolíticaÚltima hora

A Deputación de Ourense convoca á comisión da estrada vianesa de San Agostiño

Os socialistas de Viana, que promovían a través dunha iniciativa á creación desta comisión no pleno municipal, confían en que neste encontro “se acaden os acordos definitivos que permitan asinar o convenio para pór en marcha, á maior brevidade, a solución do lamentable estado na que se atopa este vial”
Imaxe da última reunión celebrada entre a comisión municipal da estrada de San Agostiño e a Deputación, a mediados do pasado decembro.

A comisión municipal creada co obxectivo de promover o arranxo da estrada de San Agostiño en Viana do Bolo vén de ser convocada pola Deputación de Ourense a unha reunión o vindeiro venres 8 de febreiro. Será “a xuntanza definitiva, onde se decidirá o orzamento total para arranxala, así como se dará conta das aportacións que teñen que asumir tanto Endesa-Enel, como a Deputación e máis o Concello”, segundo se informa dende o grupo socialista de Viana do Bolo, de quen partía a iniciativa de crear a citada comisión, que foi aprobada nun pleno municipal

Ademais os socialistas vianeses confían en que neste encontro “se acaden os acordos definitivos que permitan asinar o convenio para pór en marcha, á maior brevidade, a solución do lamentable estado no que se atopa este vial e que os numerosos veciños que o transitan, vexan satisfeitas as súas denuncias polas incomodidades e riscos que levan padecendo e reivindicando moito tempo”.

A última reunión celebrada entre esta comisión e a Deputación ourensá tiña lugar o pasado 19 de decembro en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button