OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense custodiará os documentos da Asociación “Amigos da República”

A Deputación de Ourense custodiará o arquivo documental da Asociación “Amigos da República” de Ourense. Así o confirmou hoxe o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial co responsable desta entidade, David Cortón.

 

Durante o encontro.

 

Ademais da custodia e o arquivo do material, “nun futuro prevese levar a cabo a dixitalización destes fondos documentais para poñer en valor as historias persoais que conteñen os documentos, que resultarán de interese para a historia da nosa provincia, un legado que acollemos co máximo respecto e coa finalidade de poder darlle un axeitado tratamento para que este documentos, que relatan unha importante parte da nosa historia recente, se poidan conservar”, explicaba Manuel Baltar.

 

Artigos relacionados

Back to top button