OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense entrará como socio na Asociación “Ruta do Viño de Valdeorras”

A Deputación de Ourense incluirá nos seus orzamentos de 2019 unha axuda económica de 20.000 euros para esta entidade
O presidente da Deputación cos membros da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de reunirse o 7 de maio no Pazo Provincial con JoaquÍn Sánchez, presidente da Asociación “Ruta do Viño de Valdeorras” e con Soledad Figueiroa, vogal da mesma, xuntanza na que debateron sobre temas relacionados coa actividade da asociación, como as VII Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños, que organiza os vindeiros 1,2 e 3 de xuño, e acordaron que a Deputación de Ourense entrará a formar parte, como asociada, desta entidade para ter un protagonismo destacado nunha asociación de importante relevancia comarcal en Valdeorras, “non só polo que representa no sector do viño senón tamén, na cultura e na economía desta comarca ourensá”, afirmou Manuel Baltar.

O presidente do goberno provincial salientou que a Deputación de Ourense incluirá nos seus orzamentos de 2019 unha axuda económica de 20.000 para esta entidade, sen descartar outro tipo de colaboracións que van desde a organización de eventos ou o apoio que desde a Deputación se poida prestar a actividades que ten previsto levar a cabo “Ruta do Viño de Valdeorras” en 2018 e 2019.

Artigos relacionados

Back to top button