EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Deputación de Ourense renova a colaboración coa Ruta do Viño de Valdeorras

Reunión de Manuel Baltar (presidente da Deputación) con Joaquín Sánchez (presidente da Asocición Ruta do Viño de Valdeorras) acompañado por Cristina Núñez (técnica desta entidade).

 

O presidente da Asociación “Ruta do Viño de Valdeorras”, Joaquín Sánchez, e súa técnica Cristina Núñez, mantiñan unha reunión na mañá deste 22 de outubro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial.

O encontro servía para acordar a renovación da colaboración da Deputación de Ourense con esta entidade para o ano 2020. Trátase, segundo confirmou o presidente do goberno provincial, “de seguir a promocionar o enoturismo e de estar presente no territorio, nunha comarca esencial para a provincia de Ourense, como é a de Valdeorras, e continuar cooperando e formando parte da “Ruta do Viño de Valdeorras” (como se determinou por acordo plenario da Deputación de Ourense), así como de estar ao carón dos sectores produtivos, sendo o viño e a denominación de orixe Valdeorras, vencellada ao turismo con esta ruta, un exemplo fundamental”.

Artigos relacionados

Back to top button