OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense reúnese telematicamente coas federacións galegas para planificar a nova axenda deportiva

Na reunión de hoxe participaron representantes das federacións de Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Ciclismo, Fútbol, Taekwondo, Ximnasia, Judo, Natación, Voleibol e Xadrez.

Manuel Baltar e Bernardino González, na reunión do Consello Asesor de Deportes da Deputación de Ourense.

 

Seguir apoiando o deporte na provincia, para que poida retomar a actividade e as competicións o antes posible, “coas máximas garantías de seguridade e os mínimos efectos negativos como consecuencia do parón provocado polo Covid-19”. É o obxectivo da reunión telemática que na mañá deste luns 25 de maio mantiña o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, con representantes de diferentes federacións deportivas de Galicia.

O Consello Asesor de Deportes integra, xunto aos consellos de Turismo, Cultura e Agroalimentario a estratexia da Deputación de cooperación cos principais sectores da actividade económica da provincia para “axudar durante a desescalada á reactivación económica e social ourensá”. No caso do de Deportes, que continuará coas súas reunións periódicas, “seguiranse analizando calendarios, formatos e cuestións organizativas dos eventos deportivos de cara ao final do estado de alarma e para cando sexa posible reanudar as competicións”, aseguran dende o goberno provincial.

Na reunión de hoxe participaron, xunto ao presidente da Deputación e ao asesor de Deportes, Bernardino González os representantes das federacións de Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Ciclismo, Fútbol, Taekwondo, Ximnasia, Judo, Natación, Voleibol e Xadrez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button