OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense ultima o plan da Rede Viaria Provincial do 2020

Produciuse nunha reunión entre o presidente da Deputación e o deputado provincial de Cooperación

 

Durante a reunión.

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, reuníronse no Pazo Provincial para ultimar os traballos que se levarán a cabo na Rede Viaria Provincial do 2020. Estas actuacións inclúen traballos de mellora e ensanche, acondicionamento de firme, pintura e sinalización para o mantemento das vías provinciais que superan os 1 850 quilómetros.

Ademais, adecuaranse tramos da Vía da Prata do Camiño de Santiago para o Xacobeo 2021. Os traballos, neste caso, consistirán na sinalización e na construción de sendas peonís naquelas estradas onde sexa posible.

 

Artigos relacionados

Back to top button