EconomíaEconomíaÚltima hora

A Deputación e os empresarios valdeorreses promoverán programa “AEVA Emprégate 3”

O presidente provincial vén de manter un encontro virtual con directivos desta organización empresarial

Publicidade
Exterior da oficina de AEVA no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Deputación de Ourense e a Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) continuarán promovendo conxuntamente medidas de dinamización económica na comarca valdeorresa. Así o sinalaba hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, trala reunión por videoconferencia que mantivo coa presidenta de AEVA, Araceli Fernández, e con directivos desta entidade empresarial, cos que analizou, entre outros temas, o que será o desenvolvemento do proxecto “AEVA Emprégate 3”, derivados das anteriores iniciativas AEVA Emprégate 1 e 2, que tamén contaron coa colaboración da Deputación de Ourense.

“Na reunión falamos de contribuír aos gastos de funcionamento de AEVA, unha entidade que sempre ten presente iniciativas esenciais para a comarca, e puxemos sobre a mesa cuestións de cooperación cultural e turística, como a potenciación do “Camiño de Inverno”, e por suposto, desenvolver programas de formación, de busca de emprego, de auto-emprego e asesoramento xurídico-laboral, e tamén liñas de colaboración como a que levamos a cabo neste tempo de pandemia como foron as axudas autónomos, postas en marcha pola Deputación e para o que AEVA foi un colaborador necesario”, destacou Manuel Baltar.

 

 

O presidente do goberno provincial considera que “en momentos como o actual cómpre pór en valor, como fai AEVA, propostas para colaborar e para dinamizar o territorio e o emprego e que xeren riqueza. Por esa razón a deputación valora moi positivamente á capacidade propositiva de AEVA e vai seguir colaborando con esta asociación, que destaca non só no ámbito empresarial senón tamén no ámbito dunha comarca especialmente activa e que contribúe de maneira significativa ao PIB provincial, como é Valdeorras”, afirma Manuel Baltar.

 

Artigos relacionados

Back to top button