EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A Deputación financiará con 60.000 euros un proxecto de divulgación do Clúster da Pizarra de Galicia

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar este 31 de outubro un total de 279.447 euros para cooperar con proxectos de promoción e infraestruturas. En concreto, na reunión aprobouse unha axuda de 60.000 euros para o Clúster da Pizarra de Galicia para un proxecto de divulgación e promoción desta entidade.

No apartado de Cooperación cos concellos da provincia, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 119.000 euros para o Concello de Celanova destinada ao saneamento e abastecemento en Madrás, mentres que para o Concello de Oímbra aprobou unha axuda de 52.448 euros para a renovación da iluminación na Casa dos Montes.

Por último, na xuntanza aprobáronse dúas axudas para o Concello e Nogueira de Ramuín: unha delas por importe de 30.000 euros para os traballos de desmontaxe, consolidación e reforzo do edificio en Santo Estevo, e a outra axuda de 17.999 euros estará destinada ao acondicionamento de aseos e obras de mellora para a accesibilidade ao embarcadoiro de Santo Estevo.

Artigos relacionados

Back to top button