OurenseÚltima hora

A Deputación reafirma o apoio ás demandas do hostaleiros de Ourense

O presidente Manuel Baltar reuniuse hoxe co presidente e directivos da Asociación de Hostaleiros de Ourense, comprometéndose a "canalizar as súas reivindicacións"

Reunión do presidente da Deputación coa Asociación de Hostalaría e Restauración Ourensá.

 

Na xornada deste martes 20 de outubro o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuníase con directivos da Asociación de Hostalaría e Restauración de Ourense (AHROU) reafirmando “o compromiso do goberno provincial coas demandas deste colectivo”, comprometéndose a canalizar as súas reivindicacións.

No encontro, que tivo lugar no Pazo Provincial, participaron xunto a Manuel Baltar o presidente de AHROU, Álex Castro, e os directivos Pepe Vilachá e Manuel Saborido, reunión onde o presidente da Deputación subliñou que tamén como presidente “dunha formación política de ámbito provincial farei, igualmente, todo o posible para vehiculizar ese tipo de reclamacións que considero xustas, tendo en conta de que non hai ningún outro punto de Galicia que estivese tanto tempo con tantas restricións como o concello de Ourense, polo cal, existe base obxectiva para establecer un sistema que contribúa a paliar as graves perdas económicas deste sector”, expresa o presidente Baltar.

 

Manuel Baltar co presidente de AHROU Álex Castro, Pepe Vilachá e Jose Manuel Fernández Saburido.

 

Baltar lembra “a importancia que supuxo a posta en marcha por parte da Deputación de Ourense das axudas a autónomos e Pemes da provincia en plena crise do Covid-19, co obxectivo de axudar aos autónomos que tiveron que acollerse ao cesamento de actividade como consecuencia da crise do coronavirus, e tamén ás pequenas empresas que sufriron unha perda de facturación igual ou superior ao 50 %”.

Artigos relacionados

Back to top button