PolíticaÚltima hora

A deputada Carmen Acuña pregunta no Parlamento sobre a Feira do Viño de Valdeorras

O PSdeG-PSOE formula cuestións sobre a inspección laboral realizada neste certame vitivinícola
A deputada valdeorresa do PSdeG-PSOE, Carmen Acuña./ Foto: Carlos G. Hervella
A deputada valdeorresa do PSdeG-PSOE, Carmen Acuña./ Foto: Carlos G. Hervella

O grupo socialista no Parlamento de Galicia vén de presentar varias preguntas para a súa resposta en comisión e escrita sobre a recente XVII Feira do Viño de Valdeorras. No documento presentado á Mesa do Parlamento (e asinado pola deputada valdeorresa Carmen Acuña, así como por Pablo García, José Ramón Val e Raúl Fernández) destácase a boa resposta de público nesta mostra e alúdese á “sonada ausencia do Goberno galego que, non obstante, si adoita acudir ás feiras doutras denominacións”.

Os deputados sinalan que “a verdade é que en Valdeorras non se entende que Feijóo non acudise nunca á feira cando xa levaba repetido varias edicións das que celebran, por exemplo, nas Rías Baixas”. No escrito tamén se matiza que “á crítica polo esquecemento do Goberno por esta denominación e á súa feira, se lle engadía o domingo a sorpresa e o malestar pola presenza nela de dous inspectores de Traballo e da Seguridade Social”.

Neste senso, os socialistas presentan tres preguntas que se formularán en comisión: “¿Que sabe o Goberno galego desa inspección levada a cabo na Feira do Viño de Valdeorras?”, “¿Con que finalidade se fixo e quen define cando e onde se vai inspeccionar tratándose de recintos feirais?” e “¿en cantas feiras do viño se teñen realizado estas inspeccións, en cales e con que resultados?”.

Ademais para a súa resposta oral en pleno os deputados socialistas presentan a seguinte pregunta: “¿Que opina o Goberno galego desa inspección levada a cabo na Feira do viño de Valdeorras?”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button